19 feb 2012

Entroido no cole!

O venres 17 de febreiro tivemos a festa de entrido no cole. Todos e todas iban moi guapos/as e hai que decir que as familias fixeron uns productos típicos riquísimos. Moitas grazas e a disfrutar do entroido!

Felicidades Jose Antonio!

Parabéns Jose! Despois de celebralo o venres cos toda a clase, esperamos que o pases moi ben no  teu día. Felicidades de parte dos diminutos máis grandes! 

16 feb 2012

A nosa canción do desfile!

Por fin mañá é o entroido no cole e para o desfile de disfraces cada ciclo levará unha canción. A de 1º e de 2º e unha canción moi bonita e coñecida, é a de Noe. Gústanos porque nela hai auga que cae, como as gotiñas de auga que son tan importantes para a vida. Este é unha versión dos Cantaxogos.

14 feb 2012

Continua o entroido no cole coa importancia da auga!

Ola o todas/os:
Onte, grazas ao Meco que nos preparou a profe Lara,  tivemos que levar ao cole  hoxe algo na cabeza e algo vermello, mañá tócanos os anterios e algo colgado do pescozo, e o xoves todo iso máis algo pintado. Ánimo que estades todos e todas moi guapos/as! 
Por outra banda, como este ano o disfraz é de gotas de auga,  gustaríame lembrar a  importancia da auga e de non malgastala. Para isto poño algún vídeo relacionado, espero que os pareza divertido!







11 feb 2012

Comeza o entroido no CEIP Canosa Rus!

Comeza o entroido no cole! Lembrade que o noso Meco recordaranos todos os días como temos que vir ao día seguinte.O luns:


SE A TÚA CLASE QUERES ENTRAR, ALGO NA CABEZA DEBERÁS LEVAR!

5 feb 2012

EXCURSIÓN NA CORUÑA. 2-02-12

Ola:
O xoves pasado, día 2 de febreiro do 2012, o 1º ciclo tivemos unha excursión moi divertida na Coruña. 
Visitamos a ludoteca do Fórum Metropolitano e uns monitores moi simpáticos contáronnos contos moi chulos!
Despois vimos unha obra de teatro, titulada: "La noche".
Comimos nunhas mesas dentro do Fórum, e deixáronnos investigar pola ludoteca!
Antes de marchar xogamos un ratiño no parque para entrar en calor. Foi un día xenial e portámonos moi, moi ben! E tamén Pupi disfrutou moito!


















1 feb 2012

PARABÉNS BRAIS!

Outro cumple máis na clase, parabéns Brais! e con este cumple cerramos o mes, xa que é día 31 de xaneiro do 2012. 
Espero que o pases moi ben! Unha aperta grande dos diminutos máis grandes!!!










Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...