22 sept 2015

BENVIDOS A CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA!

Boas diminutas e diminutos máis grandes! 
Benvidos a este novo curso 2015-2016, xa estades en 4º de Educación Primaria!
Este curso que acaba de comezar estará cheo de novidades e aventuras moi emocionantes, tanto na nosa aula coma no comedor escolar, na  nosa leoteca, nos recreos... estades preparados/as para pasalo xenial aprendendo? Pois comezamos!!
Esta era a nosa clase en xuño do 2015...


Comezaremos enviándolle moita sorte ao profe Miguel e dándolle a benvida a nosa profe Susana que este ano estará con nós e aprenderemos moitas cousas con ela.

Tamén aproveitamos para felicitar hoxe a unha compañeira que está de aniversario, cumple 9 anos!
FELICIDADES LUCÍA CANCELA DE PARTE DE TODA A CLASE E DAS PROFES!
O seguinte vídeo é para ti



E para traballar as curtametraxes  comezaremos cunhas imaxes moi simpáticas  que nos recordan a importancia de traballar en equipo e de ser bos e boas compañeiros e compañeiras.


Ata a próxima de parte d@s diminut@s de cuarto! Agardamos moitas visitas este novo curso no noso blogue!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...