1 jun. 2020

A NOSA GALERÍA DE ARTE : URBANO LUGRÍS.

Ola diminut@s máis grandes!
Esta semana estamos elaborando a nosa 1º galería de arte virtual. Empezamos a primeira exposición coas vosas creacións inspiradas no autor Urbano Lugrís. Se ao longo da semana recibimos  máis traballos , serán incluídos noutro pequeno vídeo. Dentro duns 15 días faremos outra galería de arte cos cadros que recibamos inspirados no pintor Luis Seoane. Animádevos a participar que xa no queda nada para as vacacións. Moitas gracias polo voso esforzo!





SALVEMOS AS ABELLAS POR 3º E 4º DE PRIMARIA!

Boas rapaces e papazas!
Lembrades as vosas investigacións sobre as abellas  da semana pasada? Pois os nenos/as de 4º tamén investigaron e fixeron as súas trampas. Neste pequeno vídeo poderedes ver os resultados dos nenos e nenas de 3ºA,3ºB e 4º EP que nos enviaron os seus traballos. Tamén recibimos explicacións sobre como facer as trampas. Moitas gracias polo voso esforzo e o voso traballo!




30 may. 2020

FICHAS INTERACTIVAS DE MATEMÁTICAS . 1 AO 5 DE XUÑO!

Boas rapaces/as:
Aquí tedes as fichas interactivas de matemáticas para a semana do 1 de xuño. A disfrutar aprendendo! Sodes os/as  mellores!


FICHAS INTERACTIVAS DE CIENCIAS SOCIAIS : 1 AO 5 DE XUÑO!

Ola nenas e nenos de 3º!
Aquí tedes as fichas de sociais para esta semana. A disfrutar aprendendo  educación vial !

Señales de tráfico, una ficha interactiva de Larabad
liveworksheets.com

FICHA INTERACTIVA LINGUA GALEGA: 1 AO 5 DE XUÑO!

Boas diminut@s!
Esta semana temos vaias fichas interactivas : unha de lingua, dúas de mate e dúas de sociais. xa veredes que divertido. Moito ánimo, xa soamente queda un último esforzo, dúas semaniñas máis e terminamos os traballos! O estades facendo xenial! Estamos moi orgullosas de vós!
Vamos coa primeira:

23 may. 2020

PLÁSTICA: URBANO LUGRÍS

Esta semana para plástica imos a coñecer un pouco a un autor galego moi especial: Urbano Lugrís 
A maior parte das súas obras están inspiradas no mar!
Estades moi atentos aos seguintes vídeos e despois estaredes preparados/as para intentar analizar o cadro que puxemos nas tarefas e poder ser vós uns artistas por un día inspirándoos na obra deste autor. Esperamos que vos guste moito!




LOS SUSTANTIVOS: GÉNERO Y NÚMERO.

Hola niñas y niños!
Esta semana como vamos a repasar los sustantivos:  el género y el número. Nos gustaría que vieseis  el siguiente vídeo  y después podéis hacer la ficha interactiva  y enviarla a nuestros correos. Vamos a seguir disfrutando aprendiendo!


FICHA INTERACTIVA

FICHA INTERACTIVA DE MATEMÁTICAS!

Ola nenas e nenos de 3ºA e 3º B!
Imos a polas fichas interactivas desta semana. Se tivéchedes problemas de envío a semana pasada, por favor preguntádenos ás mestras. 
Lembramos o funcionamento:
Cubride a ficha e cando rematedes, ao darlle a casilla de terminado,  tedes dúas opcións: 

  • Comprobar as miñas respostas: nesta opción corríxevos o programa e aparécevos unha nota.Se non está ben de todo podedes volver a facela todas as veces que queirades.
  • Unha vez que creades que está ben podedes ir a seguinte opción.
  • Enviar as miñas respostas ao meu profesor/a: Nesta opción podes enviarnos as fichas aos correos de Cris, Susana ou Sara, dependendo de que curso sexas e cal é a materia da ficha . Aquí teredes que cubrir o voso nome, curso , materia e poñer o noso correo e chegaranos a vosa ficha realizada e corrixida.  Imos a  desfrutar aprendendo!

20 may. 2020

CREACIÓNS PARA UNHA VIDA SAUDABLE!

Boas diminut@s!
Aquí vos deixo unhas creacións voluntarias dunha actividade de lingua castelá de fai dúas semanas. Están xenial! Cando volvamos ao cole , algúns destes carteis estarán pegados no comedor, que vos parece? Animádevos a seguir creando que sodes uns e unhas artistas! As mestras estamos moi orgullosas de vós!

ALIMENTOS SANOS DE SARA DE 3º A


ALIMENTOS SANOS DE ADRI DE 3º A
ALIMENTOS SANOS DE LUCÍA DE 3º A



RECETA FANTÁSTICA DE CARLA DE 3º A


RECETA FANTÁSTICA DE PABLO DE 3º A



RECETA FANTÁSTICA DE LUCÍA DE 3º A








15 may. 2020

FICHAS INTERACTIVAS: COMEZAMOS CON MATE!

Ola nenas e nenos de 3ºA e 3º B!
As profes estamos probando un programa de fichas interactivas que nos parece moi interesante e divertido! Iremos poñendo no blogue fichas semanais que podedes facer tantas veces como queirades. Soamente tedes que volver a picar na entrada para que a ficha apareza en branco de novo.  Cando rematedes, ao darlle a casilla de terminado,  tedes dúas opcións: 
- Comprobar as miñas respostas: nesta opción corríxevos o programa e aparécevos unha nota.Se non está ben de todo podedes volver a facela todas as veces que queirades.
Unha vez que creades que está ben podedes ir a seguinte opción.
- Enviar as miñas respostas ao meu profesor/a: Nesta opción podes enviarnos as fichas aos correos de Cris, Susana ou Sara, dependendo de que curso sexas e cal é a materia da ficha . Aquí teredes que cubrir o voso nome, curso , materia e poñer o noso correo e chegaranos a vosa ficha realizada e corrixida. 
Animádevos a probar, pode ser moi divertido!

Comezamos a proba esta semana cunha ficha de mate. Esperamos que desfrutedes!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...