26 sept 2013

Brais para Firmamento de libros

Ola diminutos, co comezo do novo curso comezan a nacer novas estrelas no noso firmamento de libros, nesta ocasión Brais nos fai a recomendación dunha obra escrita por Mira Lobe titulada "El fantasma de palacio".

24 sept 2013

Actualidade de lingua

Ola diminutos, durante estes últimos días estivemos falando dos verbos e dos pronomes, que son palabras que nos quedaban por coñecer do curso pasado. Sobre os verbos xa deixamos unha entrada o curso pasado que podedes recuperar na pestana de LINGUAS.

20 sept 2013

Comezamos con coñecemento!

Ola diminutas e diminutos:
Comezamos o curso de Coñecemento do Medio repasando un poco o do curso anterior, e comezamos polas máquinas e enexías. Espero que sexa un tema moi interesante!



18 sept 2013

Horario de clase

Ola Diminutos, deixámosvos o horario de clases de setembro a xuño para que o poidades consultar. Ata outra!


Comezamos repasando matemáticas!

Boas diminutos e diminutas!
Este novo curso poderedes traballar e repasar o aprendido en  matemáticas a través de exercicios que estarán no noso blogue. Para comezar , podedes probar pinchando neste debuxo tan divertido e... a practicar mates!

17 sept 2013

Temas de Lingua Galega

Agora é o turno dos diferentes temas que se desenvolverán ao longo do curso en Lingua Galega, na animación que acompaña esta entrada poderedes acceder ás explicacións dos temas e a actividades de reforzo para que poidades practicar o aprendido; ademais, igual que con Lingua Castelá, haberá un enlace permanente na columna da esquerda. Agardamos que vos sexa de utilidade.


Xa estamos de volta

Ola a todos/as, logo das vacacións de verán retomamos as clases nun novo curso que nos traerá novas actividades, novos contidos e agardamos que moitas aventuras. Cambiamos de aula, novos compañeiros/as, aos que lles damos a benvida ao grupo, en fin moitas novidades que aos poucos iremos descubrindo xuntos.

Temas Lengua Castellana

En esta animación podéis acceder a los diferentes temas que vayamos estudiando durante el curso en el área de lengua castellana, en ella podréis ver explicaciones y realizar ejercicios en línea sobre los contenidos abordados. En la columna de la izquierda habrá un enlace permanente, además de la entrada en la pestaña de "Linguas". Esperamos que os sirva de ayuda para poder repasar los temas y afianzarlos.

 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...