9 may 2012

Conto da pandeira!

Ola a todos e todas. Co motivo das Letras Galegas, gustaríame contar este conto dunha pandeira, onde aparecen as partes máis importantes dos traxes rexionais galegos. Nunca debemos esquecer os instrumentos que forman parte da nosa cultura galega.Unha pandeira
View more presentations from crisparis.

Homenaxeado no día das letras galegas 2012

Este ano o homenaxeado no día das Letras Galegas e o pontevedrés: Valentín Paz Andrade. Foi un loitador da nosa lingua e escribiu poesía e ensaio.

8 may 2012

A natureza que nos rodea!

Con este mapa de Galicia, descubriredes sitios impresionantes e curiosos que temos moi cerca.

 
Ver CASTELO DE PAMBRE en un mapa más grande

3 may 2012

Feliz día a todas as nais do mundo!

Co motivo do vindeiro día da nai,o domingo 6 de maio, os diminutos máis grandes estamos preparando un regaliño as nosas nais, que esperamos lles encante. Porque a nosa familia e amigos son o máis grande que podemos ter, por iso, hoxe e sempre... FELICIDADES MAMAIÑAS!!!!!!!!

 

COIDEMOS A NOSA TERRA!


Ola a todos e todas:
Lémbrades este vídeo de cando plantamos as nosas árbores frutais no cole? Pois o volvemos a ver en recordo do importante que é a nosa natureza, que son as nosas árbores e os nosos bosques, porque plantar unha árbore é plantar vida. Os diminutos máis grandes queremos recordar a todolos nenos e nenas do mundo, que é moi importante coidar ás árbores, ter moito coidado de non prender lume cando vamos de excursións ás montañas. Que a traxedia das nosas Fragas do Eume non se repita máis...loitemos pola nosa natureza!!!!!!!! Saúdos.

Táboas do 7 e do 8 de Miliki

Aquí tedes a táboa do 7 e a do 8 de Miliki, a seguir aprendendo!






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...