25 feb 2013

Continuamos co tempo e o clima!

Ola!
Continuamos co tema da atmósfera. Esta vez vamos a estudiar a diferenza entre o tempo e o clima, que ainda que podemos pensar que é o mesmo, vamos a descubrir que  non é así.Tamén vamos a ver como dan o tempo os meteorólogos/as. É un tema moi interesante!






23 feb 2013

Brais para Kuentalibros

As estrelas comezan a poboar o noso Firmamento de libros, nesta ocasión é Brais quen nos vai a recomendar un libro que leu e lle gustou moito, titúlase "Tarzán" e forma parte dunha colección de clásicos Disney, está traducido por Yolanda Chaves Sanz e pertence a Editorial Gaviota.
Neste vídeo Brais cóntanos un pequeno avance da historia que se nos narra, ademais de indicarnos os motivos polos que lle gustou e a razón pola que se decidíu a recomendárvolo.

21 feb 2013

Noelia para Kuentalibros

Noelia, mestra do noso cole en 1º vainos recomendar un libro que lle gustou moito e vainos facer partícipes da súa lectura. Neste vídeo falaranos de "El tesoro del dragón" de Rafael Ordóñez da Editorial Alfaguara. Neste caso recoméndanos unha obra de teatro que xa veredes o interesante que é.
Ademais de publicalo neste blog, tamén o enviamos ao proxecto Kuentalibros (ao cal podedes acceder desde o enlace na columna da esquerda) e tamén coma parte do proxecto Firmamento de Libros, que estamos a desenvolver na aula.

20 feb 2013

FELICIDADES JOSE ANTONIO!

Moitas felicidades Jose Antonio! Hoxe celebramos o teu cumple,  19 de febreiro, e todos e todas dexesamos que o pasaras moi ben e que estos 9 anos sexan estupendos.
 Feliz día dos diminutos máis grandes!!



15 feb 2013

Iván para Kuentalibros

Iván vainos recomendar un libro que lle gustou moito e vainos facer partícipes da súa lectura. Neste vídeo falaranos de "El lago de plata" de Joaquín Aguirre da Editorial Anaya.
Ademais de publicalo neste blog, tamén o enviamos ao proxecto Kuentalibros (ao cal podedes acceder desde o enlace na columna da esquerda) e tamén coma parte do proxecto Firmamento de Libros, que estamos a desenvolver na aula.

14 feb 2013

A atmósfera!

Ola diminutos máis grandes: Despois de estos días de descanso de entroido esperamos que veñades cas pilas cargadas para continuar aprendendo. En mate xa estamos aprendendo a dividir, e en coñecemento do medio comezamos un tema moi, moi divertido: A NOSA ATMÓSFERA! De que estará formada? Para que serve? Como podemos entender un mapa do tempo? Que é o aire? Todo esto e moito máis o aprenderemos nestos próximos días, que divertido!
Para comezar veremos uns vídeos sobre o tema, estade moi atentos e atentas!





13 feb 2013

ENTROIDO NO MAR!

BO ENTROIDO A TODOS E TODAS!
Espero que todos e todas disfrutarades moito da festa, no cole e na calle.
Dende o colexio queríamos agradecer a participación das familias na degustación
de productos típicos de entroido, como sempre un pracer contar coa vosa colaboración.
Aquí deixamos un vídeo resumo do entroido no cole. Saudiños.




6 feb 2013

Diego para Kuentalibros

Xa temos as nosas primeiras estrelas para o noso Firmamento de libros, por iso xa comezamos a presentárvolas. O primeiro en animarse foi Diego que nos vai a recomendar unha das súas lecturas "Sexto viaje al Reino de la Fantasía" de Gerónimo Stilton da Editorial Destino.

5 feb 2013

A nosa canción do mar!

Aquí está a nosa canción para o día do Entroido no cole.
Como xa sabedes, imos de pescadores.
Esta canción é de mariñeiros, pero nos a adaptaremos aos pescadores e pescadoras.
 O ritmo o podemos ir practicando. Un saúdo e lembrade: ailaleilo, ailalaleilo....


1 feb 2013

Feliz cumple Brais! 31 de xaneiro do 2012!

Feliz día Brais! Xa eres o terceiro en cumplir anos nesta semana. Os diminutos máis grandes desexan o mello para ti neste día e sempre! Disfrutao moito!


Feliz cumpleanos Alex! 30 de xaneiro do 2013

Felicidades Alex! Os diminutos máis grandes desexamos que os 9 anos sexan moi, moi bos para ti!
Aquí tes un vídeo para felicitarte !Esperamos que che guste!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...