Boas!
Estamos xa de volta no cole despois das vacacións de Nadal, que esperamos que disfrutarades moitísmo.
Para comezar, colgamos esta entrada dun día moi especial do mes de decembro. Os nosos diminutos máis grandes fixeron de chefs para todo o colexio cun postre moi especial: As brochetas de fantasía!
Esta receta foi traballada na clase, e foron os nenos e nenas os que elixiron as froitas da temporada. As nosas brochetas máxicas tiñan os seguintes ingredientes: kiwis, uvas blancas, uvas tintas, mandarinas e caquis.
Podedes ver a explicación dos ingredientes no seguinte vídeo:
INGREDIENTES:
ELABORACIÓN:
Os nosos cociñeiros e cociñeiras traballaron en equipo facendo unha cadea. Os primeiros collían a brocheta, e uns tras outros pinchaban as diferentes froitas. Cando as cinco froitas estaban ben colocadas, as poñían ordenadamente nunhas bandexas e as levaban as neveiras.
Podedes ver parte da elaboración no seguinte vídeo:
E o resultado final foi o seguinte! Todos os comensais do cole quedaron encantados con este postre tan rico e comeuse máis froita que nunca no comedor escolar! Noraboa diminut@s!
SE QUEREDES VER UN VÍDEO DESTAS FOTOS, PINCHADE ENRIBA DA SEGUINTE IMAXE:
A profe Cris e o profe Miguel queremos agradecer especialmente as cociñeiras, Rosa e Ana, e as mamás e papás colaboradores do comedor, porque sin elas e eles esta actividade non sería tan enriquecedora para os noso alumnos/as.