19 jun 2016

Despedindo a@s primeiro@s diminut@s!

Bos días diminut@s!
Esta semana rematan as clases e este ano temos que despedir a@s primeir@s diminut@s que formaron parte deste blogue desde que comezaron en 1º de primaria. Hoxe están rematando sexto e comezarán xa unha nova etapa chea de novas ilusións e de novos retos, aventuras,e esperemos que de cousas moi bonitas para el@s. Gustaríame facerlles unha pequena homenaxe con estes vídeo de despedida.
Os comezos...
Así comezou primaria! on PhotoPeach


Ata sempre sexto! on PhotoPeach

12 jun 2016

Excursión de fin de curso de 3º e 4º de EP

Boas diminut@s!
Aquí tedes un vídeo con algunhas das fotos da excursión que fixemos en maio a Cabana na que visitamos o Dólmen de Dombate, o Castro e a Ruta dos Muíños. Tamén comimos no merendero de Valarés e fixemos uns xogos moi divertidos.A esta  excursión foron as profes: Loli, Susana e Cris e tivemos unha visita especial da profe Sara, que estivo de prácticas no 1º trimestre na clase de 3º de EP, e non se quiso perder esta saída. Grazas Sara! 
Este vídeo e para vós diminut@s . Unha aperta e ata a próxima!

Excursión de fin de curso de 3º e 4º de Educación Primaria on PhotoPeach

Xogando e aprendendo : lengua, lingua e dinosaurus.

Boas diminut@s!
Como xa sabedes, o curso está cerquiña de rematar. Aquí tedes  algúns enlaces a páxinas que teñen xogos de repaso para lingua castelá e ligua galega. Podedes aproveitar estes días e o verá para xogar. Irei colgado máis cosiñas pouco a pouco. Un saúdo!

Mundo Primaria

¿QUÉ ES EL VERBO?


Tamén deixo o enlace as actividas LIM relacionadas co PDI DinosauRus, que foron  elaboradas durante este curso 2015-2016 no colexio por parte do equipo de dinamización das TIC e que están colgadas no blogue "Leoteca en Rus". Desexamos que as disfrutedes moito.

Actividades para Educación Infantil
DinosauLIM E.I.

Actividades para Educaión Primaria
DinosauLIM E.P.

Ata a próxima dimiut@s!

6 jun 2016

Parabéns Zaira e Yeray!

Esta semana que remata tivemos a sorte de ter a dous diminut@s de aniversario: Zaira e Yeray. Moitas felicidades aos dous, de parte de toda a clase desexamos que tivérades un bonito día e que estos 10 anos que comezan sexan moi bos en compañía de tod@s nós.
Para celebralo, aquí tedes algunhas imaxes dos vosos días e como sorpresa, nesta ocasión podedes ver unha curtametraxe sobre surf , reciclaxe e limpeza de praias, aproveitando que se acerca o verán e que é moi importante manter limpa a natureza. Disfrutadeo moito!
PARABÉNS ZAIRA!



PARABÉNS YERAY!



CURTAMETRAXE: "LOS HIJOS DEL MAR"



MOITAS FELICIDADES! 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...