Noelia, mestra do noso cole en 1º vainos recomendar un libro que lle gustou moito e vainos facer partícipes da súa lectura. Neste vídeo falaranos de "El tesoro del dragón" de Rafael Ordóñez da Editorial Alfaguara. Neste caso recoméndanos unha obra de teatro que xa veredes o interesante que é.
Ademais de publicalo neste blog, tamén o enviamos ao proxecto Kuentalibros (ao cal podedes acceder desde o enlace na columna da esquerda) e tamén coma parte do proxecto Firmamento de Libros, que estamos a desenvolver na aula.


