Ola nenos e nenas! Para rematar o tema 1 de coñecemento do medio, no que aprendimos a importancia de ter bos hábitos de hixiene, as funcións do noso corpo, o bo que é o exercicio e moitas outras cousas, poño aquí algúns vídeos divertidos de repaso!
6º curso de Educación Primaria.Curso 2022-2023. CEIP Canosa-Rus (Coristanco, A Coruña).
27 oct 2012
4 oct 2012
XA ESTAMOS NO 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA!
Ola a todos e todas:
Un novo curso comezou e os diminutos máis grandes pasamos ao 2º ciclo de Educación Primaria, a 3º!!!!!!! Este novo curso estará cheiño de sorpresas e emocións novas, porque xa somos máis maiores e temos moitas ganas de aprender!
Un novo curso comezou e os diminutos máis grandes pasamos ao 2º ciclo de Educación Primaria, a 3º!!!!!!! Este novo curso estará cheiño de sorpresas e emocións novas, porque xa somos máis maiores e temos moitas ganas de aprender!
12 jun 2012
Excursión a Coruña, 25 de maio do 2012
O pasado 25 de maio estivemos de excursión en A Coruña, e o pasamos moi ben, no planetario e na ópera de Romeo e Julieta, e logo xogando no parque!!!
8 jun 2012
9 may 2012
Conto da pandeira!
Ola a todos e todas. Co motivo das Letras Galegas, gustaríame contar este conto dunha pandeira, onde aparecen as partes máis importantes dos traxes rexionais galegos. Nunca debemos esquecer os instrumentos que forman parte da nosa cultura galega.Unha pandeira
View more presentations from crisparis.
Homenaxeado no día das letras galegas 2012
Este ano o homenaxeado no día das Letras Galegas e o pontevedrés: Valentín Paz Andrade. Foi un loitador da nosa lingua e escribiu poesía e ensaio.
8 may 2012
A natureza que nos rodea!
Con este mapa de Galicia, descubriredes sitios impresionantes e curiosos que temos moi cerca.
3 may 2012
Feliz día a todas as nais do mundo!
Co motivo do vindeiro día da nai,o domingo 6 de maio, os diminutos máis grandes estamos preparando un regaliño as nosas nais, que esperamos lles encante. Porque a nosa familia e amigos son o máis grande que podemos ter, por iso, hoxe e sempre... FELICIDADES MAMAIÑAS!!!!!!!!
COIDEMOS A NOSA TERRA!
Ola a todos e todas:
Lémbrades este vídeo de cando plantamos as nosas árbores frutais no cole? Pois o volvemos a ver en recordo do importante que é a nosa natureza, que son as nosas árbores e os nosos bosques, porque plantar unha árbore é plantar vida. Os diminutos máis grandes queremos recordar a todolos nenos e nenas do mundo, que é moi importante coidar ás árbores, ter moito coidado de non prender lume cando vamos de excursións ás montañas. Que a traxedia das nosas Fragas do Eume non se repita máis...loitemos pola nosa natureza!!!!!!!! Saúdos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)