Aproveitamos esta ocasión para felicitar a dous compis que estiveron de cumple esta semana: EVA E SERGIO L, FELICES 9 ANOS! E moitas grazas polas tartas e as chuches! Aquí tedes algúns momentos da celebración na aula e un vídeo para el@s. Ata a próxima!
Onte foi a gala de final de Teatro Lido, e os nosos/as compañeiros/as o fixeron moi ben, xenial! Quedamos en 3º lugar de 23 grupos que houbo en total, dos que foron seleccionados 6 para a final. Os compañeiros/as dos outros coles o fixeron moi ben tamén, e gustaríanos felicitarlles polas súas excelentes interpretacións. Para o próximo curso máis Teatro Lido! Aquí vos deixamos algúns mometos de onte. Ata a próxima!
Os diminutos máis grandes chegaron a Final XV Cocurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" que terá lugar este domingo 8 de novembro ás 18:00horas no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.
A nosa obra cámase "Na procura do sol" ( autora Susana Díaz Porto) e o noso grupo Derrús.
Desexamos moita sorte a estes/as rapaces/as pero sobre todo desexamos que disfruten moito da experiencia!
Ola a todos e todas!
Durante o xoves e o venres desta semana os nen@s de 3º e 4º de EP aprenderón da man dunha artista un pouco sobre arte abstracto .A artista chámase: Roberta Venanzi .
Tod@s disfrutamos moito con esta actividade e fixeron dúas obras impresionantes que decorarán o noso centro. Para que vexades un pouquiño como traballaron os nen@s, mirade as seguintes imaxes! Alumn@s de 3º EP
Picade na seguinte imaxe para ver a nova no xornal
Alumn@s de 4º EP
Primeiro estiveron moi atentos/as a unha explicación na aula
E despois estiveron creando a súa propia obra, mirade , mirade!
Queremos agradecer a Roberta Venanzi a súa visita ao noso centro e ao MAC ( MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO) de A Coruña, que é o organizador destas iniciativas tan motivadoras.
O resultado das nosas obras, que quedarán expostas poloc corredores do cole e levarán un título inventado polos pequenos/as artistas.
Boas dimint@s!
Apreoveitamos esta ocasión para felicitar a Ana S, David e Víctor que estiveron de aniversario ao longo da semana pasada.
Este vídeo e para vós! Felicidades!
E tamén podedes ver unha curtametraxe sobre unha amizade moi especial.
Benvidos a este novo curso 2015-2016, xa estades en 4º de Educación Primaria!
Este curso que acaba de comezar estará cheo de novidades e aventuras moi emocionantes, tanto na nosa aula coma no comedor escolar, na nosa leoteca, nos recreos... estades preparados/as para pasalo xenial aprendendo? Pois comezamos!!
Esta era a nosa clase en xuño do 2015...
Comezaremos enviándolle moita sorte ao profe Miguel e dándolle a benvida a nosa profe Susana que este ano estará con nós e aprenderemos moitas cousas con ela.
Tamén aproveitamos para felicitar hoxe a unha compañeira que está de aniversario, cumple 9 anos!
FELICIDADES LUCÍA CANCELA DE PARTE DE TODA A CLASE E DAS PROFES!
O seguinte vídeo é para ti
E para traballar as curtametraxes comezaremos cunhas imaxes moi simpáticas que nos recordan a importancia de traballar en equipo e de ser bos e boas compañeiros e compañeiras.
Ata a próxima de parte d@s diminut@s de cuarto! Agardamos moitas visitas este novo curso no noso blogue!
Nesta ocasión os alumnos/as de 3º participaron no XX día da Ciencia na calle dun modo moi orixinal, participando no Concurso de debuxo: A doazón de sangue.
Estiveron moi atentos e entenderon perfectamente por que é importante doar e así o reflexaron nos seus debuxos que podedes ver a continuación . Todos/as o fixeron xenial, e unha nena da nosa clase, Nerea, quedou finalista e vai a ir á entrega de premios!
Noraboa diminutos/as por facer tan ben e con tanta ilusión todo o que se vos propoñe, seguide así!