27 dic 2020

@S ARTISTAS DE 4º A E DE 4º B !

 Aquí deixamos algunhas das creacións de 4º A e de 4º B, sodes moi artistas! Seguide así e disfrutade moito das vacacións!



21 dic 2020

OS ANIMAIS DO MAR DE 4º A

 Ola diminut@s!

Nesta ocasión quero felicitarvos polo traballo que fixéchedes durante todo o trimestre! Chega o momento de descansar un pouco e de cargarnos de novas enerxías . Aquí tedes un pequeno vídeo cos traballos dos animais do mar. Están moi ben, algúns están en castelán e outros en galego, pero todos feitos con moito cariño e ganas. No mes de xaneiro retomaremos o PDI Amar o mar 2.0. Podedes pensar durante as vacacións  sobre que queredes investigar nesta segunda parte do proxecto. Tamén nos queda algunha que outra cousa pendente sobre o PDI do curso pasado. Agora toca desfrutar. Unha aperta moi grande para todas as vosas familias e para vós!



3 dic 2020

FICHAS DE LINGUA E LENGUA INTERACTIVAS DE REPASO PARA A PONTE

 Ola nenas e nenos!

Este será unha fin de semana longa xa que non volvemos á clase ata o mércores. Como o xoves e o venres temos controis de lingua ( o xoves 10) e de lengua ( o venres 11) pídovos que repasedes o dado nos temas 3 e 4 de ambas materias. Tamén podedes practicar escribindo e lendo. Para repasar algúns contidos deixovos unhas fichas para facer ata o mércores. Imos a continuar aprendendo de forma divertida!

                                                                LENGUA CASTELLANA



LINGUA GALEGA


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...