28 nov 2012

Actuación no teatro Lido

Esta é a actuación que fixeron os alumnos de 3º na edición 2012 do Teatro Lido. Queremos agradecer aos profesionais de RadioVoz que estiveron con nós e que grabaron a actuación, ademais de ensinarnos como funciona a radio.

Pica na imaxe para oir a representación.

26 nov 2012

Xogando coas palabras

Estes días en clase estamos a traballar coas palabras polisémicas, que coma ben sabedes son as palabras que teñen varios significados. Por exemplo, rato:


que pode significar o nome común que se daa diversas especies de mamíferos roedores,



ou ben,


o aparello que utilizamos para manexar o ordenador.





O SENTIDO DO OÍDO

E hoxe vamos a ver o tema do oído. É moi interesante!

   

O SENTIDO DA VISTA

Comezamos o tema dos sentidos. Aquí están uns vídeos para que sexa máis divertido aprender este tema.

21 nov 2012

AS TABLAS DE MULTIPLICAR

Ola :
Como repaso das tablas de multiplicar,este vídeo onde están todas seguidas. Espero que sexa moi divertido repasar!

16 nov 2012

Proxecto Kuentalibros

Ola a todos/as, despois de falalo e descubrir en que consiste Kuentalibros, na clase decidimos participar neste proxecto colaborativo entre docentes de ámbito estatal, que ten coma obxectivo fomentar a lectura, a expresión oral e a escrita. O proxecto está aberto a quen queira participar, poden ser nenos/as de diferentes etapas, pero tamen poden participar adultos. Consiste en facer a recomendación dun libro que leramos e que nos gustase moito, de forma que esta suxestón poida axudar a outros posibles lectores/as desa obra. Pódese participar grabando un audio ou un vídeo que posteriormente son publicados no espazo do Proxecto, ao que podedes acceder picando na imaxe do final da entrada. Lembrade que estes consellos vannos ver moitas persoas, polo que debedes preparar ben por escrito o que vades a dicir na presentación.

14 nov 2012

Canela y sus gatitos

Ola a todas/os, vos acordades da visita tan especial que tivemos o outro día?, a que vos gustou?, pois Laura pensou que esta historia tan orixinal podía ser unha boa idea para facer un conto, e aquí tedes o resultado, ¡na clase foi todo un éxito!, agardamos que a vós tamén vos guste.



7 nov 2012

A ALIMENTACIÓN!

Ola a todos e todas! Comezamos o tema 2 de coñe, a alimentación! aproveitando as recetas tan orixinais que seguro que elaborades  co profe Diego, aproveito para poñer uns videos ilustrativos sobre a alimentación e as súas características... todos a comer ben!


Que comemos hoxe?


Ola a todas/os, coma xa falamos na clase, quería pedirvos a vosa colaboración para elaborar un libro de receitas virtual das vosas comidas favoritas, poden ser primeiros, segundos pratos ou postres. Lembrade que teñen que ser receitas caseiras, é dicir, deben ser de preparación en casa, que cociñen os vosos pais/nais, avós/as ou calquer outro familiar ou amigo/a, e que sexan do voso agrado. Pedídelles aos cociñeiros/as que vos digan cómo se prepara e vós escribiredelo primeiro nunha folla de papel e logo pasarémolo ao blog.
Para animarvos déixovos unha receita típica do magosto:

3 nov 2012

Sinónimos y antónimos

A los largo del tema 1 y 2 estuvimos trabajando con los sinónimos y los antónimos, ahora ya sabemos que los sinónimos son palabras que tienen un significado parecido y los antónimos son las palabras que tienen un significado contrario. Os dejamos a continuación diferentes actividades para que podáis seguir practicando con los antónimos y los sinónimos, y también ampliando nuestro vocabulario.

Cuéntame un cuento

Hola a todos/as, pinchando en la imágenes podréis leer numerosos cuentos e historias, incluso en algunos también tendréis la posibilidad de participar en ellos. ¡Qué os divirtáis con la lectura!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...