26 nov 2012

Xogando coas palabras

Estes días en clase estamos a traballar coas palabras polisémicas, que coma ben sabedes son as palabras que teñen varios significados. Por exemplo, rato:


que pode significar o nome común que se daa diversas especies de mamíferos roedores,



ou ben,


o aparello que utilizamos para manexar o ordenador.






Aquí tedes algún enlace onde podedes xogar coas palabras polisémicas:
A competencia léxica
Palabras polisémicas
Sinónimos, antónimos e polisemia
Polisemia
Exprimindo o dicionario
As palabras polisémicas

Ademais quería proporvos un reto, que é que escribades algunha palabra que sexa polisémica e que poñades os significados que pode ter, así todos podemos aprender palabras novas e os seus significados.
Que vos divirtades xogando coas palabras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...