O pasado venres 18 de xaneiro, e aproveitando o Proxecto de centro Cantas Pingas, fumos A Coruña cos nosos compañeiros/as de 4º e visitamos o Porto, onde puidemos ver a lonxa, o Centro de seguridade, participamos nunha poxa simulada.
Despois fumos á Domus onde os nenos/as comprobaron os coñecementos relacionados co corpo humán e tamén probaron os diferentes aparellos que poñen a proba os nosos sentidos e habilidades.
Por último recorrimos o Acuario, comezando pola sala Nautilus onde observamos aos peixes que poblan as nosas costas e tamén algún outro visitante coma o tiburón Gastón, logo visitamos as outras salas da instalación, aínda que por motivos metereolóxicos non nos foi posible achegarnos ás focas, sí as vimos desde lonxe.Agradecemos a atención prestada polo persoal que nos atendeu, nos guiou e explicou en cada unha das visitas que fixemos, grazas a todos/as.
Tamén podedes consultar a nova que apareceu en La Voz de Galicia o 24 de xaneiro, picando na imaxe do titular accederedes a ela.
¡PASÁMOLO MOI BEN!
Deixámosvos un pequeno vídeo para que lembredes todo o que fixemos, agardamos que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.