24 abr 2013

O solo de Laura

Ola a todods e todas:
Aquí estamos de novo para mostrar o traballo de Laura e a súa familia: o solo. Neste traballo tan fantástico podemos diferenciar tres partes: o solo profundo, o solo intermedio , o solo superficial e o humus. Este traballo ten todo tipo de detalle, xa que na capa superficial trae ata unha lombriz de terra e están plantadas fresas.
Coidaremos moi ben destas fresas entre todos/as e os teremos informados da súa evolución!








19 abr 2013

3º en Kuentalibros

Ola a todos/as, xa están na páxina de kuentalibros todos os vídeos creados polos alumnos/as de 3º, podedes ver como quedan picando na imaxe de abaixo, xa que accederedes directamente á sección do noso colexio.

17 abr 2013

Xogamos coas historias

Ola a todas/os, co obxectivo de traballar a expresión escrita e o traballo colaborativo comezamos a traballar a creación de contos, historias, e demais formas literarias. Baseado na idea de Merche Martín Tobes, comezamos a crreación dos dados máxicos, os cales nos servirían para compoñer as sete partes da historia que serían os protagonistas, o escenario, cando transcurre a historia, o obxecto máxico, a proba que deben superar os protagonistas, o regreso a normalidade tras a proba e o final, esta metodoloxía foi creada por Mario Aller e o seu caldeiro máxico.

Blogueando

Ola a todos/as, hoxe queremos recomendarvos o blog de Pedro que se chama "Ajedrez a 100"; así que se vos gusta o axedrez e quederedes ler o que comparte con vós, non dubidedes en visitalo. Se picades na imaxe accederedes directamente, tamén podedes atopalo na columna da dereita no apartado "Os meus blogs favoritos".


As nosas rochas e minerais!

Ola:
Encantounos o tema das rochas e minerais! Aprendimos moitas cousas novas e todos e todas participamos nesta aprendizaxe  aportando materias diferentes: rochas, minerais, unha figuara dun minero, unha luz de carbur, investigacións sobre o Everest e as montañas máis altas do mundo...
Como mostra este pequeno vídeo!

Animaliños ao xardín!

Ola a todos/as:
Nesta ocasión é Antón o que creou catro animaliños con material de refugallo. Cada vez son máis os nenos e nenas da nosa clase os que se animan a reciclar!

OS ANIMALIÑOS DE ANTÓN


     A BOLBORETA



A ARAÑA



                       O GUSANO

O MOSQUITO
Esperamos que vos gusten estas creacións tanto como a nós!

10 abr 2013

Mans arriba!

Ola, hoxe Pedro quere presentarvos a súa "pistola de pinzas", aquí poderedes ver un vídeo onde explica como a fixo e tamén algunha foto, tamén presenciaredes coma funciona. Agardamos que vos guste.

BOOM!... de novo o cómic

Ola a todos/as, o próximo venres continuaremos co traballo do cómic, lembrade que nesta entrada tedes o mural para investigar sobre este tipo de manifestación escrita e artísitica.

Puntuación: la coma

Hola a todos, durante esta semana estamos aprendiendo a utilizar la coma cuando escribimos, ya hemos visto que se utiliza cuando hacemos enumeraciones, separando los elementos de ellas, por ejemplo: Hoy vienen a jugar conmigo Alejandro, Manuel, Saúl y Marcos.

6 abr 2013

Feliz aniversario Aitor!

Feliz día Aitor! 

Agardamos que pases un bo día de aniversario. Todos/as os diminutos máis grandes desexanche o mello para ti neste día e sempre! Disfrutao moito!

5 abr 2013

Zas! .... e de súpeto apareceu!... O CÓMIC

Ola a todos/as, estes días imos traballar cos cómics, para que aprendades algo sobre eles deixovos este mural que xa vimos en clase, para que poidades investigar e coñecer un pouco máis sobre eles.

4 abr 2013

O relevo e as rochas!

Ola nenos e nenas:
Pouco a pouco continuamos avanzando polo fantástico mundo do coñecemento do medio. 
Esta vez aprenderemos que é o relevo, que son as rochas e as súas  características máis interesantes, o chan  e de que está formado e tamén falaremos sobre o que fan os alpinistas.
Descubriremos cousiñas sobre a montaña máis alta da terra: o Everest, situado na cordillera do Himalaya, no continente asiático.
Queredes aprender máis? Pois moi atentos e atentas...







As nosas creacións con material de refugallo.

E os diminutos máis grandes continuan a facer obxectos con material de refugallo.
Nesta ocasión Diego fixo dous debuxos moi bonitos en papel de lixa.





E Aitor tamén animouse co seu pai a recrear un paraugas como os que veñen nalgúns xeados, e quedoulles moi , pero que moi ben.







 Moi ben! Esperamos que vos sigades animando a facer obxectos con materiais de refugallo para poder mostrarllos aos vosos compañeiros/as.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...