Ola a todas/os, co obxectivo de traballar a expresión escrita e o traballo colaborativo comezamos a traballar a creación de contos, historias, e demais formas literarias. Baseado na idea de Merche Martín Tobes, comezamos a crreación dos dados máxicos, os cales nos servirían para compoñer as sete partes da historia que serían os protagonistas, o escenario, cando transcurre a historia, o obxecto máxico, a proba que deben superar os protagonistas, o regreso a normalidade tras a proba e o final, esta metodoloxía foi creada por Mario Aller e o seu caldeiro máxico.
A actividade foi deseñada e estruturada en base á creada por Merche Martín, así coma ideas sacadas de Orientación Andújar (Ginés Ciudadreal e Maribel Camacho), ademais do mencionado Mario Aller e José Antonio Fraga.
A actividade foi deseñada e estruturada en base á creada por Merche Martín, así coma ideas sacadas de Orientación Andújar (Ginés Ciudadreal e Maribel Camacho), ademais do mencionado Mario Aller e José Antonio Fraga.
Coma primeiro paso os alumnos/as construiron sete dados, un por cada parte, e en cada cara ía unha posible solución a cada ingrediente (seis protagonistas, seis escenarios, seis momentos, etc.), todos dunha cor diferente.
O seguinte paso foi lanzar os dados e ver que ingredientes saían con eles construimos a nosa primeira historia e por parellas comezar a escribir os nosos contos
Neste vídeo podedes ver diferentes fases do proxecto, mirade que ben o pasan!
Agardamos que vos gustara, estade atentos en próximos días publicaremos os contos que naceron nestas sesións.
Ata a próxima diminutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.