Ola Diminutos o pasado martes 29 de abril o noso curso, xunto cos nenos/as de terceiro, fomos a A Coruña a visitar a sede da Xefatura Provincial da Policía Nacional e o Castelo de San Antón.
Na Policía Nacional puidemos aprender como se adestran e as funcións que cumpren os guías caninos, e observamos a un deles, o pastor alemán Félix; despois visitamos o museo policial, un dos máis importantes de Galicia, no que nos explicaron a evolución deste corpo policial ao longo da historia, seguidamente visitamos a sala operativa, alí comprobamos como traballan. Finalmente asistimos a unha pequena charla sobre os riscos de internet e de acoso.
A nosa seguinte parada foi o Castelo de San Antón, por onde fixemos un pequeno recorrido, onde as guías da instalación nos explicaron un pouco de historia a través dos obxectos que expoñen, tras este paseo pola antigüidade participamos nun Obradoiro de arqueoloxía, no que ademais da explicación, puidemos tocar as diferentes pedras, metais, cerámicas e utensilios que nos trasladaron por momentos a outras épocas.
Logo dunha paradiña para comer no Forum Metropolitano emprendimos a viaxe de regreso ao noso cole.
Deixámosvos algunha foto para que recordedes todo o que aprendimos ese día, agardamos que vos guste. Ata a próxima Diminutos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.