28 mar 2016

E hoxe temos outras tres recomendacións de lectura: Uxía, Hugo e Ana !

Ola a tod@s!
Nesta ocasión temos tres novas recomendacións e rematamos así coa primeira volta, xa que cada nena e neno da clase recomendounos un libro. A partir de agora podedes seguir facendo dinosaur@s lector@s e recomendándonos máis lecturas tando de Leoteca como lecturas que vos gusten da vosa casa ou de ouras bibliotecas ou librerías que sexan adaptadas ao noso curso. Animádevos a ler e a compartir os vosos libros favoritos con tod@s nós.
Agora deíxovos con estas recomendacións tan divertidas!

Uxía  recoméndanos " Diario de Greg 2. La ley de Rodrick". Autor: Jeff Kinney. RBA Libros.




Hugo recoméndanos  "RimBambini. El lanzamiento de peso." Autores: Claudio Comini. Orazio Minneci. Editorial Mare Nostrum.

RIMBAMBINI. EL LANZAMIENTO DE PESO




Ana recoméndanos "Katie Kazoo. ¡El amor no mola!" Autora: Nancy Krulik. Editorial Bruño.




Parabéns Sabela!

Ola diminut@s!
Xa quedan moi pouquiños días para a volta ao cole! Espero que este semana disfrutárades moitísimos coas vosas familias e amig@s e que o martes voltedes con ganiñas de contiuar aprendendo de forma moi divertida e de pasalo moi ben c@s compañeir@s e @s mestr@s  o que queda de curso. 
Aproveito esta ocasión para felicitar a Sabela, que estivo de cumple xusto cando marchamos de vacacións  e trouxo un biscoito de chocolate moi saboroso, moitas grazas!
Aquí quedan algunhas imaxes dese día e un vídeo para ti. Felicidades de novo Sabela!









10 mar 2016

Semana da poesía

Boas diminut@s!
A próxima semana semana no cole celebraremos a semana da poesía, xa que o día é o 21 de marzo, pero xa estaremos de vacacións. Aquí vos deixo un enlace as actividades que faremos:


O luns imos a ler todo o colexio Poemas de Rosalía de Castro na hora de ler, e a nosa clase elixiu un poema que lle compuso a cantante Uxía, "Rosalía pequeniña" . Este poema está incluído no audio libro " Uxía. Rosalía Pequeniña", onde recóllense  nove poemas de Rosalía de Castro e unha composición chamada "A Rosalía" de Manuel Curros Enríquez.

"A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía." Uxía.



Rosalía Pequeniña


ROSALÍA PEQUENIÑA

Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía…
Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.

Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.





A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...
Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa.




E aquí queda o noso recitado desta canción no ximnasio o día que homenaxeamos todo o cole a Rosalía de Castro.







9 mar 2016

Parabéns Dalia!

A semana pasada cumpriu 10 anos a nosa compañeira Dalia. Celebramos un día moi divertido con ela. Grazas pola tarta e as chuches! E que teñas uns 10 anos estupendos. Aquí deixamos algunha imaxe da xornada, e a túa felicitación. Ata a próxima!








4 mar 2016

@s diminut@s continúan animándovos a ler con Lucía, Sabela, Víctor e Aroa!

Hoxe recomendan as seguintes lecturas!

Lucía  recoméndavos:  "Gaspar , o pastor de lebres", de Paco Liván. Editorial OQO





Sabela recoméndavos: " O cabaleiro Pepino" de Carmen Gil & Ana Castagnoli. Editorial OQO.








Víctor racoméndavos: "A lenda dos gomos"de Fernando Martínez. Bahía Edicións.






Aroa recoméndavos: "Junie Jones y el pastel peligroso" de Bárbara Park. Editorial Bruño.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...