10 mar 2016

Semana da poesía

Boas diminut@s!
A próxima semana semana no cole celebraremos a semana da poesía, xa que o día é o 21 de marzo, pero xa estaremos de vacacións. Aquí vos deixo un enlace as actividades que faremos:


O luns imos a ler todo o colexio Poemas de Rosalía de Castro na hora de ler, e a nosa clase elixiu un poema que lle compuso a cantante Uxía, "Rosalía pequeniña" . Este poema está incluído no audio libro " Uxía. Rosalía Pequeniña", onde recóllense  nove poemas de Rosalía de Castro e unha composición chamada "A Rosalía" de Manuel Curros Enríquez.

"A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía." Uxía.



Rosalía Pequeniña


ROSALÍA PEQUENIÑA

Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.

A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía…
Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.

Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.

Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.





A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...
Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa.




E aquí queda o noso recitado desta canción no ximnasio o día que homenaxeamos todo o cole a Rosalía de Castro.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...