Ola a tod@s!
Deixámosvos varios vídeos para que teñades unha idea de como realizar un collage, Para estas semanas recomendamos que o collage o fagades coa temática que vos apeteza: o mar, a primavera, o confinamento, etc. É totalmente libre e debedes utilizar os materias que teñades por casa: revistas, papel, envoltorios, cartón, erc. Todo vale. O podedes facer nun folio, nun cartón, nunha cartolina...
Pode ser unha parte pintada e outra pegada, con ceras, rotuladores, acuarelas... ao voso gusto!
Animádevos a crear e despois publicaremos neste blogue os resultados finais!