15 may 2020

FICHAS INTERACTIVAS: COMEZAMOS CON MATE!

Ola nenas e nenos de 3ºA e 3º B!
As profes estamos probando un programa de fichas interactivas que nos parece moi interesante e divertido! Iremos poñendo no blogue fichas semanais que podedes facer tantas veces como queirades. Soamente tedes que volver a picar na entrada para que a ficha apareza en branco de novo.  Cando rematedes, ao darlle a casilla de terminado,  tedes dúas opcións: 
- Comprobar as miñas respostas: nesta opción corríxevos o programa e aparécevos unha nota.Se non está ben de todo podedes volver a facela todas as veces que queirades.
Unha vez que creades que está ben podedes ir a seguinte opción.
- Enviar as miñas respostas ao meu profesor/a: Nesta opción podes enviarnos as fichas aos correos de Cris, Susana ou Sara, dependendo de que curso sexas e cal é a materia da ficha . Aquí teredes que cubrir o voso nome, curso , materia e poñer o noso correo e chegaranos a vosa ficha realizada e corrixida. 
Animádevos a probar, pode ser moi divertido!

Comezamos a proba esta semana cunha ficha de mate. Esperamos que desfrutedes!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...