21 dic 2020

OS ANIMAIS DO MAR DE 4º A

 Ola diminut@s!

Nesta ocasión quero felicitarvos polo traballo que fixéchedes durante todo o trimestre! Chega o momento de descansar un pouco e de cargarnos de novas enerxías . Aquí tedes un pequeno vídeo cos traballos dos animais do mar. Están moi ben, algúns están en castelán e outros en galego, pero todos feitos con moito cariño e ganas. No mes de xaneiro retomaremos o PDI Amar o mar 2.0. Podedes pensar durante as vacacións  sobre que queredes investigar nesta segunda parte do proxecto. Tamén nos queda algunha que outra cousa pendente sobre o PDI do curso pasado. Agora toca desfrutar. Unha aperta moi grande para todas as vosas familias e para vós!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...