24 abr 2013

O solo de Laura

Ola a todods e todas:
Aquí estamos de novo para mostrar o traballo de Laura e a súa familia: o solo. Neste traballo tan fantástico podemos diferenciar tres partes: o solo profundo, o solo intermedio , o solo superficial e o humus. Este traballo ten todo tipo de detalle, xa que na capa superficial trae ata unha lombriz de terra e están plantadas fresas.
Coidaremos moi ben destas fresas entre todos/as e os teremos informados da súa evolución!








19 abr 2013

3º en Kuentalibros

Ola a todos/as, xa están na páxina de kuentalibros todos os vídeos creados polos alumnos/as de 3º, podedes ver como quedan picando na imaxe de abaixo, xa que accederedes directamente á sección do noso colexio.

17 abr 2013

Xogamos coas historias

Ola a todas/os, co obxectivo de traballar a expresión escrita e o traballo colaborativo comezamos a traballar a creación de contos, historias, e demais formas literarias. Baseado na idea de Merche Martín Tobes, comezamos a crreación dos dados máxicos, os cales nos servirían para compoñer as sete partes da historia que serían os protagonistas, o escenario, cando transcurre a historia, o obxecto máxico, a proba que deben superar os protagonistas, o regreso a normalidade tras a proba e o final, esta metodoloxía foi creada por Mario Aller e o seu caldeiro máxico.

Blogueando

Ola a todos/as, hoxe queremos recomendarvos o blog de Pedro que se chama "Ajedrez a 100"; así que se vos gusta o axedrez e quederedes ler o que comparte con vós, non dubidedes en visitalo. Se picades na imaxe accederedes directamente, tamén podedes atopalo na columna da dereita no apartado "Os meus blogs favoritos".


As nosas rochas e minerais!

Ola:
Encantounos o tema das rochas e minerais! Aprendimos moitas cousas novas e todos e todas participamos nesta aprendizaxe  aportando materias diferentes: rochas, minerais, unha figuara dun minero, unha luz de carbur, investigacións sobre o Everest e as montañas máis altas do mundo...
Como mostra este pequeno vídeo!

Animaliños ao xardín!

Ola a todos/as:
Nesta ocasión é Antón o que creou catro animaliños con material de refugallo. Cada vez son máis os nenos e nenas da nosa clase os que se animan a reciclar!

OS ANIMALIÑOS DE ANTÓN


     A BOLBORETA



A ARAÑA



                       O GUSANO

O MOSQUITO
Esperamos que vos gusten estas creacións tanto como a nós!

10 abr 2013

Mans arriba!

Ola, hoxe Pedro quere presentarvos a súa "pistola de pinzas", aquí poderedes ver un vídeo onde explica como a fixo e tamén algunha foto, tamén presenciaredes coma funciona. Agardamos que vos guste.

BOOM!... de novo o cómic

Ola a todos/as, o próximo venres continuaremos co traballo do cómic, lembrade que nesta entrada tedes o mural para investigar sobre este tipo de manifestación escrita e artísitica.

Puntuación: la coma

Hola a todos, durante esta semana estamos aprendiendo a utilizar la coma cuando escribimos, ya hemos visto que se utiliza cuando hacemos enumeraciones, separando los elementos de ellas, por ejemplo: Hoy vienen a jugar conmigo Alejandro, Manuel, Saúl y Marcos.

6 abr 2013

Feliz aniversario Aitor!

Feliz día Aitor! 

Agardamos que pases un bo día de aniversario. Todos/as os diminutos máis grandes desexanche o mello para ti neste día e sempre! Disfrutao moito!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...