19 abr 2013

3º en Kuentalibros

Ola a todos/as, xa están na páxina de kuentalibros todos os vídeos creados polos alumnos/as de 3º, podedes ver como quedan picando na imaxe de abaixo, xa que accederedes directamente á sección do noso colexio.
Lembrade que este proxecto ten un carácter internacional, polo que a súa difusión é maior que a deste blog, os vosos traballos son vistos por persoas de diferentes partes do mundo. Aproveitade a visita para coñecer recomendacións doutros nenos/as, para dar a vosa opinión sobre aqueles libros que xa lerades e tamén para comentar os vídeos ou audios dos libros recomendados.
Grazas a todos e non vos esquezades de aportar máis estrelas ao noso firmamento de libros.
Ata a próxima diminutos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...