25 jun 2013

Despedida de Kuentalibros

Ola a todos/as, coma xa veredes no título desta entrada queremos anunciarvos que o Proxecto Kuentalibros toca ao seu fin, tras uns anos promocionando a lectura entre persoas de diferentes idades e de propor novos descubrimentos literarios aos visitantes da súa páxina, os docentes implicados e que se encargaron do seu desenvolvemento decidiron por o punto final, ou quizais seguido, xa que están en marcha novas propostas nas estamos desexando participar.

A páxina seguirá activa ata novo aviso, polo que poderedes seguir consultando as recomendacións que fixeron outros nenos/as  e así atopar novas emocións, aventuras, risas,... entre esas lecturas que vos agardan; ademais se queredes despedirvos, felicitar ou simplemente contar como foi a vosa experiencia en Kuentalibros podedes deixar un comentario na web. Nós pola nosa parte seguiremos no curso que ven co noso Firmamento de libros, no que agardamos que brilen aínda máis estrelas literarias.

ATA SEMPRE KUENTALIBROS.
GRAZAS POR AXUDARNOS A FOMENTAR A LECTURA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...