17 sept 2013

Xa estamos de volta

Ola a todos/as, logo das vacacións de verán retomamos as clases nun novo curso que nos traerá novas actividades, novos contidos e agardamos que moitas aventuras. Cambiamos de aula, novos compañeiros/as, aos que lles damos a benvida ao grupo, en fin moitas novidades que aos poucos iremos descubrindo xuntos.
Coma puidestes comprobar no blogue realizouse un pequeno lavado de cara, que vos animamos a descubrir; aínda que conservamos a mesma filosofía que en cursos anteriores. Tamén queremos animarvos a participar e a realizar comentarios construtivos que nos axuden a mellorar e enriquecer esta ferramenta educativa.
Dámoslle a benvida ao novo curso, e deixámosvos este vídeo recordatorio das actividades que realizamos en 3º, que o disfrutedes!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...