21 ene 2014

Estrelas ao alcance da man

Ola Diminutos, coma podedes ir comprobando na pestaña do proxecto Firmamento de libros, este particular ceo está repleto de estrelas dos nenos/as de 4º. O proxecto que comezou o curso pasado recibíu o impulso necesario e nestes momentos podedes acceder a numerosas recomendacións de todo tipo de lecturas, non vos teñen que gostar todas, simplemente son unha referencia dos libros que chamaron atención aos rapaces/zas da clase de 4º de EP.
O esforzo que realizaron ao elaborar as estrelas da clase viuse recompensado na mellora do proceso lector, na expresión escrita e oral, ademais de ter acceso a novos libros e por suposto que ti, coma vistante deste blogue, vexas o seu traballo e poidas tirar proveito del, xa que un dos obxectivos do proxecto é o de compartir as experiencias lectoras e as opinións sobre elas, por iso lembramos sempre a importancia dos comentarios no blogue, xa que fan que cobre vida e se desenvolva.
Coma di Daniel Nesquens se non chegas a algún sitio para alcanzar o que desexas colle un libro e súbete a él para chegar, se segues sen acadar o teu obxectivo colle outro ata que chegues, e sen non o consigues podes chamar a un adulto para que te axude, polo menos xa terás lido antes uns cantos libros. Nós cos libros e a lectura pretendemos alcanzar as...ESTRELAS.
Queriamos agradecer ás mestras de EI que nos axudaron a construir a nosa buscadora,e ao proxecto KUENTALIBROS que nos animou e foi o xerme do noso FIRMAMENTO DE LIBROS, GRAZAS.
Ata outra Diminutos e noraboa polo voso traballo, estamos orgullosos de vós.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...