14 mar 2014

Aaaaaah!

Ola Diminutos, a Vanesa como lle gustan moito os animais quería recomendarvos a lectura reste libro titulado Frank de la jungla, escrito por Nacho Medina e Frank Cuesta, e que está editado por Planeta.
A partir dun programa de televisión o seu protagonista nárranos as súas experiencias  cos animais en diversos lugares do planeta. Deixámosvos coa recomendación que fixo Vanesa deste libro que tanto lle gustou. Agardamos que vos guste, saúdos Diminutos.


1 comentario:

  1. Ola diminutos!!!! Sabedes quén son?
    Son Miguel o voso antigo profe!!!Acordádesvos? Eu acordome moito de vós! Bótovos moito de menos. En primer lugar quería agradecervos moitísimo a vosa arta que me mandáchedes ao cole, encantoume moito, moito moito! Gracias a vós conseguíchedes sacarme un sorriso xigante, sodes os/as mellores do mundo mundial! Melloráchedes un móntón na caligrafía, así me gusta, seguide traballando así!!!! Quérovos un mundo! Estiven a cotillear o blogue dos diminutos, e quedei abraiado co que sabedes dos dinusaurios,cos libros que ledes,as vosas recomendacións, co que ides aprendendo día a día. Sodes os mellores alumn@s do universo.
    Como teño moitísimas ganas de vervos e ver o maiores que estades, estarei ahí en menos do que esperades, así que portádevos ben que en nada xa nos vemos, que estou desexando darvos un bico e un abrazo enorme. Unha vez máis agradecervos o voso cariño e a vosa carta, emocioneime e todo!!!! Ánimo que xa en nada estades de vacación disfrutando do verán e descansando do esforzo que fixéchedes estudando, investigando e aprendendo durante este curso. Dádelle moitos saúdos a tódolos profes do cole da miña parte, un saúdo tamén @s vos@s compañeir@s dos outros cursos e un bico enorme e un abrazo á mellor super clase de 4º de Primaria do mundo mundial.
    Pablo, Nerea, Sergio López, Sergio Vázquez, Dani Fraga, Sabela, Martín, Dani Bello, Eva, Aroa, Hugo Fernández, Yeray, Zaira, Ana Suárez, Sara, Ana Muñiz, David, Julia, Hugo Fariña, Dalia, Lucía Cancela, Lucía Ramírez, Víctor e Uxía, QUÉROVOS MOITOS!!!! Vémonos moi moi pronto!!!! Muakkk

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...