9 ene 2016

Boas diminut@s!
Feliz ano! Preparadas e preparados para a volta ao noso proxecto? Esta primeira semana remataremos o traballo que estades facendo toda a clase por grupos sobre os museos onde hai exposicións de dinosauros. Está quedando moi ben! 

Tamén continuaremos montando a nosa exposición da aula e o bosque dos dinosauros lectores. Esto e moito máis espéranos para traballar este trimestre de forma moi divertida. A continuación, se pinchades na seguinte imaxe, podedes descubrir este cartel virtual sobre os dinosauros. Está colgado tamén na nosa páxina web  do cole e lo blogue de Leoteca, pero así tamén podedes acceder dende aquí. Hai información moi interesante neste carte virtual, vídeos, fotos... A seguir investigando diminut@s!

 DINOSAURUS


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...