8 mar 2012

Falando da igualdade!

Ola:
Hoxe na clase de 2º estivemos falando sobre o Día Internacional da Muller, xa que se celebra hoxe, 8 de marzo. Non o plantexamos como un día especial, xa que o realmente importante e o día a día de todos e todas. O que si interesounos máis foi como evolucionou a sociedade, e de que todos e todas temos o deberíamos ter os mesmos dereitos e oportunidades , sexamos como sexamos. Por iso vimos este vídeo tan bonito que poño a continuación. Aos diminutos máis grandes gustoulles moito e entenderon perfectamente que cada un/unha é moi importante para o resto! Sexamos homes ou mulleres. A mensaxe é que entre todos e todas podemos facer un mundo mellor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...