5 mar 2012

Novas de marzo, continuamos cos noso proxectos!

Ola a todos/as:
Como sabedes,durante este curso  estamos traballando no proxecto de Voz Natura. Por un lado temos en clase a nosa plantación de leitugas que pronto pasaremos a nosa horta. Cada clase ten un producto diferente!
Por outro lado , este mes , aproveitando o día Internacional das árbores que é o 21 de marzo, cada clase plantará unha árbore .Aos diminutos máis grandes tocounos a cerdeira ( ou tamén  chamada cereixeira). Sabedes que esta árbore pode chegar a medir 5 metros de alto? E que da  un froito chamado cereixa? As súas flores son brancas coma a neve. É unha árbore preciosa e traballaremos en coñecemento do medio sobre ela. 
O día 21 de marzo faremos unha exposición cos traballos de cada clase e veremos ás 10 árbores frutais plantadas! Será moi divertido e ademais esperamos ver crecer estas 10 árbores durante anos no cole!
Para ir familiarizándonos coa nosa  árbore, poñemos un vídeo sobre a mesma e os seus froitos .


E outro sobre a flor da cerdeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...