30 mar 2013

Gracias profe Richard!

Ola!
Como xa sabedes durante os meses de febreiro e marzo tivemos a un profe de prácticas na nosa clase. É o profe Richard. Encantounos que estivese en 3º e que nos axudase e ensinase cousas interesantes, e sabemos que será un gran profe! Por todo isto adicámoslle este vídeo de parte dos Diminutos máis grandes! Moitas grazas e moita sorte!!!

25 mar 2013

Pedro para Kuentalibros

O noso Firmamento de libros pouco a pouco se vai poboando de tan especiais estrelas, agora é Pedro o que nos recomenda un clásico adaptado, e que coma lector lle encantou, se trata de "Don Quijote de la Mancha" escrito por Miguel de Cervantes e publicado pola Ed. Vicens Vives. Proximamente tamén poderedes velo na páxina do proxecto Kuentalibros, xunto coas demais recomendacións efectuados polos nenos de 3º, as nenas aínda non se animaron :-)

13 mar 2013

Nós tamén creamos!


Ola a todos/as vimos de ser admitidos, xunto cos nenos/as de 4º de E.P., na edición 2013 de Nós tamén creamos!, que é unha actividade para a promoción da lingua galega. A iniciativa está compartida pola Secretaría Xeralde Política Lingüística, a Dirección Xeral de Educación, FP e innovación educativa e a editorial OQO, e consiste en crear unha curtametraxe animada co alumnado dalgún dos libros seleccionados da Editorial OQO.

12 mar 2013

Un crocodilo no cole!

Ola a todos/as durante a semana pasada visitounos un crocodilo, pero non temades por nós non nos trabou a ningún. Xosé trouxonolo para amosarnos o creativo que é, en próximos días quizais se anime a explicarnos coma o fixo.
Aquí o tedes, tamén vos animamos a que lle poñades nome, agardamos que vos guste, grazas Xosé por compartir con nós a túa imaxinación.

11 mar 2013

O noso cole no proxecto Kuentalibros

A semana pasada véñense de publicar as primeiras videorecomendacións para o Proxecto Kuentalibros que enviamos, que ao tratarse dun proxecto con carácter internacional podedes imaxinarvos a cantidade de propostas que reciben. Aproveitamos a ocasión para felicitalos polo seu traballo e por permitirnos participar en tan interesante iniciativa.
Aínda que xa os podedes ver desde hai algunha semana no blog podedes visitar a páxina de Kuentalibros e velos como o verán os demais visitantes, ademais de poder observar ou escoitar as recomendacións doutros lectores/as, para descubrir novas lecturas.

Aquí vos deixamos o enlace á páxina onde están as recomendacións do CEIP Canosa-Rus:

Jugando con las palabras



En estas últimas sesiones en las clases de Lengua y Lingua estuvimos conociendo y aprendiendo nuevas formas de formar palabras y cómo reconocer y utilizar mejor los sustantivos.

7 mar 2013

OS ANIMAIS

Ola a todos e todas:
Esta semana comezamos un novo e interesante tema de Coñecemento do Medio, coa colaboración do profe Richard: os animais!!! Que divertido, aprenderemos as funcións vitais dos animais, os vertebrados e invertebrados, os insectos, os animais típicos en Galicia...Esperamos que este tema sexa moi interesante.





1 mar 2013

VII Premio Espiral de Edublogs 2013


Ola a todos/as vimos de ser admitidos no VII edición do Concurso Espiral de Edublogs 2013, que ten coma obxectivos recoñecer os blogs coma ferramenta didáctica e servir de escaparate motivador, que axude a que o uso das TIC na aula xeralícense, entre outros.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...