13 mar 2013

Nós tamén creamos!


Ola a todos/as vimos de ser admitidos, xunto cos nenos/as de 4º de E.P., na edición 2013 de Nós tamén creamos!, que é unha actividade para a promoción da lingua galega. A iniciativa está compartida pola Secretaría Xeralde Política Lingüística, a Dirección Xeral de Educación, FP e innovación educativa e a editorial OQO, e consiste en crear unha curtametraxe animada co alumnado dalgún dos libros seleccionados da Editorial OQO.
As curtametraxes presentaranse a un xurado que elexirá os mellores traballos e que serán emitidos pola TVG, aínda que noutras edicións tamén foron emitidas outras obras de moita calidade pero que non foran premiadas.
Para nós xa é un premio ter sido seleccionados, aínda que poremos todo o noso esforzo en tentalo facer o mellor posible e que os nenos/as aprendan e se divirtan participando nesta iniciativa.
Deixámosvos os enlaces onde podedes obter máis información sobre este concurso, ademais de ver, se non o fixestes xa, as curtametraxes presentadas en edicións anteriores. Agardamos que vos gusten e vos manteremos informados. Ata outra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...