11 mar 2013

O noso cole no proxecto Kuentalibros

A semana pasada véñense de publicar as primeiras videorecomendacións para o Proxecto Kuentalibros que enviamos, que ao tratarse dun proxecto con carácter internacional podedes imaxinarvos a cantidade de propostas que reciben. Aproveitamos a ocasión para felicitalos polo seu traballo e por permitirnos participar en tan interesante iniciativa.
Aínda que xa os podedes ver desde hai algunha semana no blog podedes visitar a páxina de Kuentalibros e velos como o verán os demais visitantes, ademais de poder observar ou escoitar as recomendacións doutros lectores/as, para descubrir novas lecturas.

Aquí vos deixamos o enlace á páxina onde están as recomendacións do CEIP Canosa-Rus:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...