18 dic 2013

Cando todo sae mal...

Ola Diminutos, Laura aporta a última estrela desta chuvia que pasou polo noso cole estas últimas semanas, e o fai cunha obra da serie que protagoniza Katie Kazoo, titulada Un día horrible en el cole, escrita por Nancy Krulik e editada por Bruño.
Hai días nos que é mellor non levantarse da cama, e este libro nos conta un deses días na vida de Katie Kazoo, que é a nena que protagoniza a historia, e que é unha nena coma calquera outra, pero que este fatídico día transformarase; un partido de rugby, un neno pesado e un incidente na aula, entre outras fatalidades, converterán a Katie en...se queres sabelo deberás ler este libro. Laura vos conta un pouco máis da historia na súa recomendación, que vos pareceu? Lembrade que un blogue aliméntase dos vosos comentarios, agardámolos impacientes, ata outra Diminutos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...