Ola Diminutos, coidado cos bromistas! Esteban aconséllanos un libro titulado El bromista invisible, no que o autor James Preller nos conta as aventuras de Nino Puzle para atopar quen é o gracioso. A obra está editada por Edelvives.
Na clase de Nino Puzle e Mila hai un bromista que non para de gastar bromas, esta é unha misión para o noso protagonista, que xunto coa súa amiga tratará de descubrir quen está poñendo trampas a outros compañeiros/as, coma cando Susana que se preparaba para a clase de Educación Física e poñéndose unha zapatilla atopou que o seu pé estaba cheo dunha xelatina verde e viscosa. Hai varios sospeitosos, adiviñas quen é?
Aquí tedes a Esteban presentándovos esta nova aventura de Nino Puzle, agardamos que vos guste. Ata a próxima Diminutos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.