Ola Diminutos, xa estamos aquí con novas recomendacións literarias por parte dos alumnos/as de 4º de E.P., nesta ocasión é Pedro quen nos trae a 7ª edición do éxito de Jeff Kinney, Diario de Greg: Buscando plan..., editado por RBA. Estade atentos a ver que nos conta Pedro sobre a lectura que fixo deste libro.
San Valentín se achega e todo o colexio está moi nervioso e emocionado coa chegada desta festa. Greg Heffley e o seu amigo Rowley comezan a preocuparse polo plan desa noite, non poden quedarse ese día sos! Pero algo inesperado fará que o noso protagonista atope acompañante para o baile, pero aquí non acaba a historia, xa que ás veces o amor pode cambiar. Agora veremos a recomendación que fixo Pedro de Diario de Greg 7.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.