22 ene 2014

Ímonos á Prehistoria!

Ola Diminutos, o libro recomendado hoxe titúlase ¡Quita las patas de la piedra de fuego!, e suxírenolo José Antonio, e nos conta unha historia protagonizada polo antepasado de Gerónimo Stilton, un rato chamado Gerónimo Stiltonut. Coma toda a serie deste protagonista está escrito por Elisabeta Dami e editado por Destino.
 O conto transcorre na Prehistoria, nun poboado primitivo chamado Petrópolis, alí habitan os primeiros Roditoris Sapiens, entre os que se atopa o antepasado de Gerónimo Stilton, que se chama Gerónimo Stiltonout. O noso protagonista, xunto cos seus amigos, vivirá numerosas aventuras que vos farán rir na busca da Pedra de Lume, que é un obxecto que proporciona luz e calor a todos os seus moradores. Atopará o noso heroe ao ladrón da pedra máxica? coma sempre deberedes ler este libro para coñecer o desenlace da historia.
Deixámosvos coa recomendación de José Antonio, agardamos que a sigades, ata outra Diminutos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...