Ola Diminutos, en días pasados falamos sobre as definicións, tratamos de comprender que o primeiro que debemos ter en conta é o nome, logo saber que é e por último que o diferencia dos demais. Deste xeito planeamos unha actividade na que terían que definir a partires do nome, que era unha palabra inventada, e que podería suxerir xa unha definición disparatada. Estes foron os resultados gráficos das propostas para representar logo de definilo ao pantazato, ao formisaurio, á crocoxirafa, ao elefantoronte e á castimaceira. Adiviñades quen é quen?
Ata a próxima Diminutos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.