Ola a todos/as, despois de falalo e descubrir en que consiste Kuentalibros, na clase decidimos participar neste proxecto colaborativo entre docentes de ámbito estatal, que ten coma obxectivo fomentar a lectura, a expresión oral e a escrita. O proxecto está aberto a quen queira participar, poden ser nenos/as de diferentes etapas, pero tamen poden participar adultos. Consiste en facer a recomendación dun libro que leramos e que nos gustase moito, de forma que esta suxestón poida axudar a outros posibles lectores/as desa obra. Pódese participar grabando un audio ou un vídeo que posteriormente son publicados no espazo do Proxecto, ao que podedes acceder picando na imaxe do final da entrada. Lembrade que estes consellos vannos ver moitas persoas, polo que debedes preparar ben por escrito o que vades a dicir na presentación.