17 jun 2013

Feliz cumple Diego!

Parabéns Diego:
Disfruta do teu día! Pouco a pouco todos ides cumprindo 9 anos e o curso xa remata. Aproveitade moito o verán, xogar, rir, bailar, ler, compartir, soñar ... en definitivas que o pasedes moiii ben!!!






 E este vídeo vai para DIEGO e para todos os diminutos e diminutas máis grandes que cumpren anos no verán: ALEJANDRO MARIÑO, XOSÉ , PEDRO, LAURA , NICOLÁS , ESTEBAN, CARLOS, IVÁN E MARCOS. PARABÉNS A TODOS!!! A disfrutar dos 9 anos!






6 jun 2013

Excursión: Concerto didáctico e Castelo de Sta. Cruz

Ola a todos/as, o pasado 24 de abril realizamos unha excursión a A Coruña xunto cos nosos compañeiros/as de 4º de E.P.; na que primeira actividade asistimos a un concerto didáctico no Palacio da Ópera titulado "A percusión na orquestra", onde presenciamos a músicos e animadores que nos ensinaron a evolución da percusión ao longo da historia, os diferentes instrumentos e como xurdiron.

4 jun 2013

A festa de Voz Natura!

Ola de novo:
O sábado pasado, 1 de xuño,  celebrouse  a Festa de Fin de curso de Voz Natura no parque de Acea de Ama, en A Coruña. Foi unha xornada divertidísima onde puidemos ver moitas exposicións dos traballos dos coles que participaron neste Proxecto. Tamén xogamos moito nas colchonetas, simulacros ,etc.
Foi un día de convivencia xenial, e como mostra aquí os deixamos algunhas fotiños deste día.






















Visita a nosa clase o pai de Iván!

Ola diminutos/as:
Nesta ocasión, e para aprender moito sobre os ríos e as especies que na nosa zona viven neles, visitounos o pai de Iván. Trouxo uns cangrexos de río, cremos que cangrexos americanos. É moi divertido ver a natureza que nos rodea tan de cerquiña e aprender moito sobre os animais. 
Gracias Víctor! Estamos desexando que outros pais e nais visiten a nosa clase.

3 jun 2013

A noite das mudanzas

Ola coma xa vos comentaramos meses atrás, este ano participamos no proxecto promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Educación, FP e innovación educativa, ademais da editorial OQO. A elección que fixemos foi o conto A NOITE DAS MUDANZAS, escrito por Pep Bruno e ilustrado por Lucie Müllerová.

28 may 2013

Concurso de debuxo

Ola a todos/as:
Este ano, unha vez máis participamos no "Concurso de debuxo: Doazón de sangue." Moitos nenos e nenas do noso cole, démonos conta da importancia  que ten un acto como doar sangue, e por iso, como todavía non podemos doar, queremos aportar o noso granito de area participando neste concurso e animando a todas as persoas que poidan a doar sangue. 
Aquí quedan os debuxos que fixemos os diminutos de 3º de EP.


E na nosa clase todos os debuxos foron moi bonitos, e ata tivemos  unha gañadora, Vanesa, con este debuxo - cómic tan orixinal:

Noraboa Vane!!!

FELICIDADES JOSE!

Este mes de maio cumpliu anos Jose Antonio, moitas felicidades de parte dos diminutos máis grandes Jose! Agardamos que estos 10 anos sexan estupendos para ti, estamos moi contentos de celebralo contigo. Unha aperta moi forte!!!




27 may 2013

As paisaxes!

Ola diminutos!
Nestes novos temas  de coñecemento estamos aprendendo cousas moi interesantes sobre as paisaxes de chairas, montañas, costas e ríos. Espero que con estos novos vídeos aprendamos un pouquiño máis.



7 may 2013

A MATERIA E OS MATERIAIS!

Ola diminut@s:
Neste novo tema de coñecemento coñeceremos o interesante mundo da materia e dos materiais!que son, as súas características,os estados da materia: líquido, sólido e gasoso, a súa transformación,etc. Prestade moita atención aos seguites vídeos:





1 may 2013

FELIZ ANIVERSARIO VANE!

Felicidades Vanesa!
O pasado sábado día 27 de abril, outra diminuta cumpliu 9 anos: Vanesa! Desexamos que tanto o día do teu cumple como os 9 anos sexan moi divertidos para ti! Unha aperta moi grande dos diminutos máis grandes!

 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...