6 jun 2013

Excursión: Concerto didáctico e Castelo de Sta. Cruz

Ola a todos/as, o pasado 24 de abril realizamos unha excursión a A Coruña xunto cos nosos compañeiros/as de 4º de E.P.; na que primeira actividade asistimos a un concerto didáctico no Palacio da Ópera titulado "A percusión na orquestra", onde presenciamos a músicos e animadores que nos ensinaron a evolución da percusión ao longo da historia, os diferentes instrumentos e como xurdiron.

Logo fomos a visitar o castelo de Sta. Cruz onde visitamos a exposición fotográfica "As paisaxes da auga" e tamén fixemos un pequeno recorrido pola illa, coñecendo as diferentes especies vexetais e animais que podemos atopar nela, ademais coñecimos un pouco a historia de cómo se construíu esta fortaleza, e tamén soubemos da existencia dunha embaixadora chamada "Cincenta", por último desveláronnos un segredo sobre un cañón agachado no interior da illa e que moi pouca xente coñece, algún de vós contou o segredo?

Deixovos unha montaxe fotográfica sobre os lugares nos que estivemos, agardo que vos guste.
Ata outra Diminutos!


1 comentario:

  1. Xenial o video e xenial a banda sonora ,como sempre moi bo traballo !!gracias Cris e Diego por facernos partícipes de todo. Víctor

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...