Ola coma xa vos comentaramos meses atrás, este ano participamos no proxecto promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Educación, FP e innovación educativa, ademais da editorial OQO. A elección que fixemos foi o conto A NOITE
DAS MUDANZAS, escrito por Pep Bruno e ilustrado por Lucie Müllerová.
Resaltamos que as personaxes e os diferentes escenarios foron creados polos nenos/as de 3º e 4º de E.P. con materiais de refugallo, ademais de facer a interpretación dos diálogos dos diferentes personaxes que interveñen. En todo caso é unha creación na que participaron todos os alumnos/as de 2º ciclo.
Agora as
curtametraxes presentadas serán valoradas por un xurado que elexirá os mellores
traballos e que serán emitidos pola TVG, aínda que noutras edicións
tamén foron emitidas outras obras de moita calidade pero que non foran
premiadas. En todo caso cremos que o premio xa o levamos podendo realizar este traballo cos nosos alumnos/as, xa que consideramos que de xeito transversal se traballan moitos aspectos relacionados co currículo dun xeito máis lúdico do habitual. Na elaboración e traballo cos nenos/as participaron as mestras Cris, Verónica, Lucía, Susana e Diego, ademais queremos agradecer a cesión dos deritos da música utilizada a Pablo Pascual e a axuda prestada, para a elaboración das personaxes, de Larraitz.
Aquí vos
deixamos o resultado, que agardamos que sexa do voso agrado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.