Aquí van as tablas do 6 de Miliki e a outra que tanto nos gusta , son moi divertidas!!!
6º curso de Educación Primaria.Curso 2022-2023. CEIP Canosa-Rus (Coristanco, A Coruña).
20 abr 2012
20 mar 2012
A nosa excursión aos bombeiros!
Ola a todos/as:
O pasado venres 16 de marzo os alumnos/as de 1º,2º e 4º de EP visitamos os Bombeiros de Carballo. Pasámolo moi ben e aprendimos moito! Moitas grazas aos Bombeiros!
19 mar 2012
Táboas do 5 e do 10
Para seguir repasando e aprendendo as táboas de forma divertida, aquí tamos as seguintes:
8 mar 2012
Falando da igualdade!
Ola:
Hoxe na clase de 2º estivemos falando sobre o Día Internacional da Muller, xa que se celebra hoxe, 8 de marzo. Non o plantexamos como un día especial, xa que o realmente importante e o día a día de todos e todas. O que si interesounos máis foi como evolucionou a sociedade, e de que todos e todas temos o deberíamos ter os mesmos dereitos e oportunidades , sexamos como sexamos. Por iso vimos este vídeo tan bonito que poño a continuación. Aos diminutos máis grandes gustoulles moito e entenderon perfectamente que cada un/unha é moi importante para o resto! Sexamos homes ou mulleres. A mensaxe é que entre todos e todas podemos facer un mundo mellor.
5 mar 2012
Novas de marzo, continuamos cos noso proxectos!
Ola a todos/as:
Como sabedes,durante este curso estamos traballando no proxecto de Voz Natura. Por un lado temos en clase a nosa plantación de leitugas que pronto pasaremos a nosa horta. Cada clase ten un producto diferente!
Por outro lado , este mes , aproveitando o día Internacional das árbores que é o 21 de marzo, cada clase plantará unha árbore .Aos diminutos máis grandes tocounos a cerdeira ( ou tamén chamada cereixeira). Sabedes que esta árbore pode chegar a medir 5 metros de alto? E que da un froito chamado cereixa? As súas flores son brancas coma a neve. É unha árbore preciosa e traballaremos en coñecemento do medio sobre ela.
O día 21 de marzo faremos unha exposición cos traballos de cada clase e veremos ás 10 árbores frutais plantadas! Será moi divertido e ademais esperamos ver crecer estas 10 árbores durante anos no cole!
O día 21 de marzo faremos unha exposición cos traballos de cada clase e veremos ás 10 árbores frutais plantadas! Será moi divertido e ademais esperamos ver crecer estas 10 árbores durante anos no cole!
Para ir familiarizándonos coa nosa árbore, poñemos un vídeo sobre a mesma e os seus froitos .
E outro sobre a flor da cerdeira.
19 feb 2012
Entroido no cole!
O venres 17 de febreiro tivemos a festa de entrido no cole. Todos e todas iban moi guapos/as e hai que decir que as familias fixeron uns productos típicos riquísimos. Moitas grazas e a disfrutar do entroido!
Felicidades Jose Antonio!
Parabéns Jose! Despois de celebralo o venres cos toda a clase, esperamos que o pases moi ben no teu día. Felicidades de parte dos diminutos máis grandes!
16 feb 2012
A nosa canción do desfile!
Por fin mañá é o entroido no cole e para o desfile de disfraces cada ciclo levará unha canción. A de 1º e de 2º e unha canción moi bonita e coñecida, é a de Noe. Gústanos porque nela hai auga que cae, como as gotiñas de auga que son tan importantes para a vida. Este é unha versión dos Cantaxogos.
14 feb 2012
Continua o entroido no cole coa importancia da auga!
Ola o todas/os:
Onte, grazas ao Meco que nos preparou a profe Lara, tivemos que levar ao cole hoxe algo na cabeza e algo vermello, mañá tócanos os anterios e algo colgado do pescozo, e o xoves todo iso máis algo pintado. Ánimo que estades todos e todas moi guapos/as!
Por outra banda, como este ano o disfraz é de gotas de auga, gustaríame lembrar a importancia da auga e de non malgastala. Para isto poño algún vídeo relacionado, espero que os pareza divertido!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)