16 nov 2012

Proxecto Kuentalibros

Ola a todos/as, despois de falalo e descubrir en que consiste Kuentalibros, na clase decidimos participar neste proxecto colaborativo entre docentes de ámbito estatal, que ten coma obxectivo fomentar a lectura, a expresión oral e a escrita. O proxecto está aberto a quen queira participar, poden ser nenos/as de diferentes etapas, pero tamen poden participar adultos. Consiste en facer a recomendación dun libro que leramos e que nos gustase moito, de forma que esta suxestón poida axudar a outros posibles lectores/as desa obra. Pódese participar grabando un audio ou un vídeo que posteriormente son publicados no espazo do Proxecto, ao que podedes acceder picando na imaxe do final da entrada. Lembrade que estes consellos vannos ver moitas persoas, polo que debedes preparar ben por escrito o que vades a dicir na presentación.

A continuación deixovos as recomendacións que fan desde Kuentalibros, e recoméndovos que entredes na páxina do proxecto para que poidades obter a información completa sobre "A túa ficha de ler na rede". ¡Disfrutade da lectura!

Coma ser un Kuentalibros en catro pasos

  1. Graba un vídeo ou audio (mp3) coa túa recomendación.
  2. Súbeo a Youtube ou Vimeo, se é un vídeo; se é un audio, súbeo ao noso Ivoox.
  3. Envía un correo a kuentalibros@gmail.com co enlace, o vídeo, ou o audio.
  4. Cubre o formulario Cosas sobre ti, que tes na web de Kuentalibros.

1 comentario:

  1. kuenta libros me gustou moito porque en esta paxina hai nenos que contan libros.

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...