7 nov 2012

Que comemos hoxe?


Ola a todas/os, coma xa falamos na clase, quería pedirvos a vosa colaboración para elaborar un libro de receitas virtual das vosas comidas favoritas, poden ser primeiros, segundos pratos ou postres. Lembrade que teñen que ser receitas caseiras, é dicir, deben ser de preparación en casa, que cociñen os vosos pais/nais, avós/as ou calquer outro familiar ou amigo/a, e que sexan do voso agrado. Pedídelles aos cociñeiros/as que vos digan cómo se prepara e vós escribiredelo primeiro nunha folla de papel e logo pasarémolo ao blog.
Para animarvos déixovos unha receita típica do magosto:

"Castañas con leite"

Necesitamos aproximadamente 250g de castañas, 1 litro de leite, sal, fiuncho, e auga.
Primeiro pélanse as castañas, sácaselles a pel que as envolve e póñense a cocer cun pouco de sal e un pouco de fiúncho; cando están a media coción retíranse da pota e se lles escurre a auga.
Déixanse repousar cinco minutos e bótanse nun cazo con leite. De seguido, póñense no lume e permanecen cocendo ata que estean máis ou menos brandas, nese momento retíranse do lume e vértense nunha fonte, por último deixamos que arrefríen.


Agora xa están listas para comer. ÑAM ÑAM ... ¡Bo proveito!


Agardamos as vosas propostas culinarias...

2 comentarios:

  1. Esta é a receita de lasaña da miña avoa.
    Ingredientes:fariña,leite,sal,carne picada,tomate,verduras,pasta e queixo relado.
    Modo de facela:
    Faise unha salsa de tomate frito,engádeselle a
    carne picada,e se sofríe ben.
    Fanse as espinacas e as acelgas cun pouquiño de allo. Faise unha bechamel con:duas culleradas de fariña,noz moscada,leite e sal. Nunha fonte de forno ponse unha capa de bechamel,ponse a pasta de lasaña no alto,a continuacion outra capa de tomate e carne picada,outra capa de pasta e outra coa verdura,e logo bechamel por enriba e un pouco de queixo relado.
    Finalmente metemola ao forno a 180 grados ata que estea dourada.
    Que aproveite!

    ResponderEliminar
  2. Esta es la tarta aldeana de Navidad del libro de recetas de mi madre.
    Ingredientes:
    300 gramos de harina de maíz. 100gramos de harina de centeno o de trigo. 1/2 taza de nata fresca. 100 gramos de azúcar. 100 gramos de pasas sin rabo. 100 gramos de higos pasos pelados.100 gramos de nueces peladas. Levadura o levadurina. Una pizca de sal. Agua Con el maíz, el centeno, la levadura disuelta en agua templada y la sal hacemos una masa como si fuera para pan, le añadimnos el azúcar y la nata. La colocamos en un sitio templado cubierto por un paño y esperamosa que leve.
    La amasamos de nuevo, incorporándole las pasas, los higos picados y las nueces, hasta que la masa sea uniforme. La extendemos sobre una lata o placade horno enharinada y la metemos a horno medio fuerte hasta que esté dorada.
    ¡Que aproveche!

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...