17 dic 2013

Shhh! é un segredo

Ola Diminutos, esta semana temos unha chuvia de estrelas, e comezamos por Antón que nos recomenda un libro escrito por Michael Ende, titulado El secreto de Lena, editado por SM.
O libro que hoxe se nos presenta conta a historia de Lena, unha nena á que non lle gusta que lle leven a contraria, polo que, farta de que os seus pais non fagan o que ela di, decide visitar a unha fada para solucionalo. Os terróns de azucre que lle entrega dan resultado, pero quedará satisfeita Lena con esta solución? Se queredes coñecer as aventuras que vive a protagonista teredes que ler este libro, para que vexades o interesante que é ensinamosvos a recomendación de Antón, agardamos que vos guste. Ata outra Diminutos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...