O martes 11 de decembro fixemos unha visita á planta potabilizadora e á depuradora de Carballo, onde comprobamos e explicáronnos o recorrido que fai a auga desde que se recolle a auga cunhas bombas do río Anllóns ata que pode ser enviada aos nosos fogares, tamén vimos o recorrido inverso na planta depuradora, onde se recollen as augas fecais e se tratan para ser devoltas ao río nunhas condicións non perxudiciais para o medio ambiente, tamén observamos que os residuos que non poden ser tratados son reutilizados para fertilizar ou son enviados a un vertedoiro.
Queriamos agradecer as persoas de Aquagest que nos explicaron todo o proceso e que solventaron as nosas dúbidas con moita claridade e paciencia e por facer moi amena esta visita, moitas grazas a todos/as!!!
Agora vos deixamos a nova que apareceu na edición de Carballo de La voz de Galicia o mércores 12 de decembro e unha pequena montaxe coas fotos que sacamos ese día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.