Ola Diminutos, hoxe visitounos o garda civil José Ramón Couto, que nos falou sobre os riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, durante a súa intervención explicounos os perigos que nos axexan cando abrimos a porta de internet, ademais de consellos para poder previr as consecuencias máis graves.
Coma conclusións podemos sacar que debedes ter moito diálogo cos vosos pais/nais e contarlle calquer incidencia ou novidade que vos suceda no ámbito de internet; tamén que debedes tomar as mesmas precaucións que tomades na vida real e non dar dirección, teléfono, correo electrónico ou outro tipo de información privada a calquera e sempre baixo a supervisión dos vosos pais e nais.
Finalmente os nenos e nenas puideron facer consultas e preguntas sobre estes temas ao noso relator. Aconsellamos que teñades un diálogo cos vosos familiares sobre o abordado na charla para que todos poidan coñecer as normas básicas de seguridade cando accedemos a internet.
Por último, agradecer ao garda José Ramón Couto a súa conferencia, que foi moi clara e amena, e da que tiraremos moito proveito.
Ata outra Diminutos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.